Sunday 05 de May de 2024

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria do CPI Ponte Carreira entréganlle ao Paxes Reais as súas cartas para os Reis Magos


Os nenos e nenas de Infantil e de Primaria do CPI de Ponte Carreira recibiron esta mañá a visita dos Paxes Reais, a quen entregaron as súas cartas para os Reis Magos. O alcalde de Frades, Roberto Rey, asistiu ao evento e agradeceu a colaboración que tanto a dirección do centro como a asociación de pais e nais do colexio están a ofrecer no desenvolvemento das distintas actividades de Nadal.

Para o vindeiro martes 23 de decembro queda a Gran Festa de Nadal, que terá lugar no edificio multiúsos de Frades e á que están convidados todos os nenos e nenas de Frades. Será unha festa con teatro, clow, mascotas, obradoiros navideños, reparto de lambetadas e a visita de Papá Noel. Unha festa que terá lugar entre as 11:00 e as 13:30 horas.